Viveiro, 3 de abril de 2023. O Concello de Viveiro lamenta que as labores da Axencia Galega de Infraestruturas, das cales non tiña constancia, afectasen ao tráfico na vila durante a procesión do Domingo de Ramos.
Os traballos, que consistían no pintado das estradas de entrada a Viveiro, estaban previstos para ser realizados de noite, non durante o día como finalmente sucedeu.
O goberno local de Viveiro leva tempo solicitando á AXI o pintado de estradas, especialmente o da LU-540, que une o municipio con Cabreiros e para a que se pediu hai semanas un repintado inminente, polos riscos que presentaba o seu estado ante a frecuencia de choiva e néboa.
Porén, indican que non se lles avisou de que se realizarían traballos durante o día, e menos cando se celebrase ao mesmo tempo a clásica procesión de La Borriquita.
O concello recalca a responsabilidade da AXI e da empresa contratada por esta nestes feitos, que non lle foron trasladados, e lamenta que isto afectase a unha celebración de tanta importancia como é a da Semana Santa de Viveiro.