A Mariña, sábado 1 de abril 2023. O BNG vén de anunciar dous novos cabezas de lista, que son a candidata de Lourenzá, Belén Fanego Barreira e o candidato de Cervo, Diego Fernández Martínez. A formación nacionalista continúa traballando para levar a todos os concellos o proxecto Bng, un modelo de éxito, de bo traballo, de transformación e de cambio como se está a ver alí donde o Bng tén responsabilidades de goberno.
Belén Fanego, candidata á alcaldía en Lourenzá
Belén Fanego Barreira, traballadora do Sergas, da parroquia de San Adriano, e que foi concelleira na corporación laurentina entre os anos 1995 e 2003 preséntase a estas eleccións co convencemento de que o proxecto do Bng é necesario para o desenvolvemento de Lourenzá para poder aplicar políticas municipais que saquen rendemento para todas a este gran potencial que tén Lourenzá e todo o Val. “Nós ofrecemos rigor, traballo, e sobre todo humildade e atención ás preocupacións da veciñanza e aos problemas que nos acheguen e queremos a participación de toda a sociedade para traballar conxuntamente na procura de solucións” afirmou Belén Fanego que tamén anunciou que en breve será presentado o resto da candidatura, formada por veciños e veciñas da vila e das parroquias comprometidos con Lourenzá.
Diego Fernández, candidato á alcaldía de Cervo
Diego Fernández Martínez, de Lieiro, traballador de Alúmina, na factoria de Alcoa, actual portavoz municipal na corporacion cervense afirma que o necesario cambio que precisa Cervo tén que vir da mán do proxecto Bng, un modelo de éxito en moitos concellos xa e co cal Cervo pode e debe impulsar o seu desenvolvemento. “Un concello Bng é sinónimo de respecto polo público, de traballo honesto e honrado, e de toma de decisións valentes pensando no común” asegurou Diego Fernandez.
A presentación da candidatura será o venres 14 de abril no restaurante O Noso Lar en San Cibrao.