O martes, 4 de abril, ás 20:30h estará na libraría Bahía a autora focega Luisa Castro que falará da súa última novela ‘Sangre de Horchata’ que ven de publicar a editorial Alfaguara e do seu poemario ‘Un amor antigo’ editado por Galaxia a finais do ano pasado. Luisa Castro é unha autora fundamental na literatura galega, que iniciou un cambio na poesía dos anos 80. Como novelista escribeu sempre en castelán e conta con varios premios como o Azorín ou o finalista do Herralde. En poesía tamén acadou o premio Hiperión. Estes últimos anos visitou a poesía en castelán pero levaba moito tempo sen escribir poesía en galego e sen escribir narrativa, polo que estas dúas obras que saíron ao mercado con pouco tempo de diferencia, están a crear grande expectación entre @s lector@s.
Presentacion na libraría bahia de Foz
Presentacion na libraría bahia de Foz
Relacionado
-
O alcalde de Foz e a concelleira de Asuntos Sociais falaron da residencia de maiores co xerente do Consorcio Galego de Igualdade e Benestar
-
Foz programa polo 25N unha exposición, unha concentración, un contacontos, unha representación teatral e unha charla
-
O helicóptero Pesca-II rescata a un home ao quedar illado nunha rocha en Foz