Foz, 29 de marzo de 2023. Dentro da programación cultural organizada polo Concello de Foz a compañía teatral arxentina El Vacío Fértil actuará na Casa da Cultura focega mañá, xoves 30, e o actor galego Pepo Suevos estará no local social de San Martiño este venres, día 31.
A compañía arxentina El Vacío Fértil trae mañá ás 20:30 horas á Casa da Cultura de Foz a obra de teatro adulto titulada El virus de la violencia. Escrita e dirixida por Marina Wainer transcorre durante unha lúa de mel soñada, cando a pandemia de coronavirus que comezou no 2020 irrompe na aparente felicidade dunha parella e todo cambia por completo entre eles. O elenco está formado por Romina Pinto e Iván Steinhardt.
E dentro do ciclo Teatro nas Parroquias, o actor galego Pepo Suevos actuará no local social de San Martiño este venres ás 21:00 horas.
Para as dúas representacións as entradas son de balde.