Burela, 23 de marzo de 2023. A Concellería de Medio Ambiente celebrou o Día da Auga repartindo exemplares do libro En Burela amamos a auga.
Onte celebrouse o Día Mundial da Auga, “un día para recordar e reflexionar sobre o importante que é a auga para a vida, e o necesario que é usala de xeito sostible”, explicaron desde Gaia.
Dende a Concellería de Medio Ambiente que dirixe Toñi Eijo repartiron entre todos os alumnos e alumnas de 6°de Primaria exemplares do libro titulado En Burela amamos a auga, e ademais co alumnado de 6° de Primaria do CEIP Vista Alegre as monitoras de Gaia realizaron uns experimentos nos que a auga era a protagonista.
Hoxe, xoves, repartiron os libros no 1° curso do Ciclo de Química e Saúde Ambiental do IES Monte Castelo e mañá, venres, “faremos máis experimentos cos alumnos de 3° do Ceip Vista Alegre”, engadiron desde Gaia.