Ribadeo, 23 de marzo de 2023. O ribadense Roberto Ramos, CEO de BeOne, interveu nas últimas horas en San Diego (Estados Unidos) na convención interanual de fitness organizada por IHRSA.
Ramos foi convidado a asistir como experto en colaboración público/privada no sector deportivo en España. IHRSA é a máis recoñecida organización a nivel mundial de fitness.
Roberto Ramos é o director xeral e un dos fundadores de BeOne (antes Serviocio), empresa que iniciou a súa andaina en 1993. O grupo dispón de 37 instalacións deportivas en 11 provincias españolas, 33 delas en concesión, polas que pasan máis de 185.000 usuarios. O persoal de BeOne está formada por 1.200 empregados.
BeOne é a empresa concesionaria da piscina municipal de Ribadeo. E conta tamén cun gran centro deportivo en Lugo.