“Así mesmo insta ao goberno municipal a actuar sobre a rede de abastecemento de auga, este local leva 6 cortes de auga nos últimos meses”
Viveiro, 18 de marzo, 2023. Os independentes de Por Viveiro, visitaron esta mañá de sábado o Bar Áncora en Celeiro, que leva dous meses cun derrubamento de terras sobre o seu tellado.
Conforme á información aportada polos propietarios, o Concello todavía non coñece o propietario do solar colindante pola parte superior, e seguen agardando unha solución.
Bernardo Fraga, portavoz de Por Viveiro, declarou “En casos así, o Concello ten que actuar de oficio e garantir a seguridade no establecemento hosteleiro, e máis en datas próximas á Semana Santa”
Así mesmo, os independentes presentarán ante o Pleno Municipal, un rogo para solicitarlle ao goberno socialista que actúe de inmediato na rede de abastecemento na rúa do Porto, que leva seis cortes de auga nos últimos meses.