A saída de vía tivo lugar na N-634, á altura da Devesa. O condutor quedou boca abaixo no interior do vehículo, pero puido saír antes da chegada dos servizos de emerxencias. De feito, os Bombeiros de Barreiros desprazáronse rapidamente ao lugar pero non tiveron que intervir. Foi unha persoa particular quen informou ao 112 Galicia ao fío das 22:30 horas deste xoves: o único implicado sufrira unha saída de vía e o seu vehículo acabara envorcado. Por fortuna, conseguiu saír ao exterior e foi atendido polos servizos sanitarios, que foran mobilizados nunha ambulancia.
Turismo envorcado en Ribadeo