Viveiro, 1 de marzo, 2023. A Federación Internacional de Pentatlón Moderno presentou a pasada fin de semana ao Pentatleta e adestrador Internacional mariñán Cristobal Rodriguez Fidalgo (Celeiro-Viveiro 1991) como novo oficial de operacións a nivel mundial da devandita Federación. O nomeamento oficial tivo lugar durante o encontro de expertos do mais alto nivel que tivo lugar a pasada semana na Cidade Alemá de Frankfurt.
Rodriguez dependerá directamente do director de operacións, o Doutor en bioquímica do exercicio Alexandre França.
O labor incial de Rodriguez será supervisar as competicións do máis alto nivel como “Campionatos do Mundo de Europa e Copas Mundiais, así mesmo compartirá con outros estamentos a responsabilidade de continuar co desenvolvemento da formación de adestradores e xuíces internacionais cunha inclusión efectiva da muller co fin de dar a relevancia que se merece. Cabe destacar que a UIPM foi a primeira federación internacional en incluír as substitucións mixtas na alta competición, non en balde Rodriguez foi no ano 2009 Bronce Europeo formando dúo coa Catalá Nuria Chavarria en Antalya (Turquía).
A axenda de Rodriguez vai estar moi apertada esta tempada e terá que combinar as súas estancias entre Celeiro-Viveiro-Madrid e Mónaco, onde a UIPM ten a súa sede central e á que viaxa todos os meses, e cuxo presidente de honra é o Principe Alberto de Monaco.
Este Venres Rodriguez. que xa se atopa na súa terra natal, tera que voar á Cidade do Cairo para supervisar a primeira Copa Mundial desta tempada que se celebra nesta capital q coñece moi benu por competir en moitas ocasións no devandito evento como membro do Equipo Nacional Español. O mariñán, que é poliglota, engadiu unha nova especialización ao seu currriculo en “Xestión do Deporte” pola Universidade Miguel de Cervantes, sendo na actualidade un dos adestradores máis novos a nivel Internacional.