Mondoñedo, 22 de febreiro, 2023. A responsable de coordinación cultural da Xunta de Galicia en Lugo, Ana Mel, o pianista afincado en Mondoñedo, Juan Rezzuto e o concelleiro de Cultura, Alberto García, presentaron este concerto que será unha homenaxe ás aviadoras españolas da aviación arxentina, enmarcada na súa xira por España.
O Ensamble de Música de Cámara de la Fuerza Aérea Argentina ten como misión divulgar a historia da aviación a través da música. Gracias ao pianista afincado en Mondoñedo. Juan Rezzuto, quen tamén participará no concerto, puido ser posible establecer esta conexión.
No mes de marzo conmemórase o día internacional de la mujer, polo que ten máis sentido este concerto, “a través de la música que fueron capaces de inspirar, las mujeres españolas y argentinas que construyeron la historia de la aviación en cada uno de sus países”. “La Unión Argentina de Compositoras de Música y el Foro Argentino de Compositoras son las creadoras de esta narración que esperamos, nos lleve a volar en un hermoso cielo”.
O concelleiro de Cultura, Alberto García, agradeceu a colaboración da Xunta para o desenvolvemento deste concerto, e sinalou que deste xeito retomamos a programación cultural despois do Entroido, que neste mes de marzo terá tamén como protagonista aos actos conmemorativos da figura de Ávaro Cunqueiro, o 28 de febreiro e o sábado 11 de marzo, co festival da Fantasía Cunqueiriana, a festa da Árbore organizada pola AC Pasatempo, e os eventos do Motoclub e Toxiza Gran Trail, entre outros.