Foz 22 de febreiro de 2023. A Concellería de Normalización Lingüística do Concello de Foz invita aos veciños a conmemorar o 186 aniversario do nacemento de Rosalía de Castro xa na nova data oficial, este 23 de febreiro. Por cuarto ano consecutivo, o Concello de Foz adhirese ao manifesto da AELG para conmemorar o día e realizará varios actos repartidos durante todo 2023 para celebrar á poeta mas aló do 23 de febreiro. Así, durante 2022 disfrutamos da mostra “A Casa de Galicia. 50 anos da Casa Rosalía”. Durante o ano 2022 foi plantada e vimos medrar a camelia filla doutra da Casa da Matanza na zona verde que rodea a Praza de Galiza.
Este ano novamente conmemoramos o día 21 o Día Internacional da Lingua Materna, cos obxectivos de promover o uso de todalas linguas e a diversidade cultural. As linguas do mundo, o noso galego e o de Rosalía, son un patrimonio cultural e intelectual universal, de gran importancia e trascendencia cultural, que debemos reivindicar.
Dende a Concellería de Normalización Lingüística este ano faremos entrega aos centros públicos de ensino do concello, de diversas obras da nosa autora. A comezar o mesmo día 23 na Biblioteca Pública Salgado Toimil do concello, coa entrega das “Obras completas”, do conto infantil “Rosalía”, O sombreiro de Murga, Textos feministas, Rosalía e a cociña, O Xardín da Casa de Rosalía, O herbario de Rosalía, Rosalía en Verde. Xardíns, monumentos e plantas editadas po la Fundación Rosalía de Castro. Convidamos a t