O presidente de Apaga, Álvaro Doural, subliñou que “estamos tratando de organizar as actividades formativas que nos demandan as empresas do sector. Nesta pasada fin de semana contamos con alumnado estranxeiro, que está a buscar emprego. Un dos nosos obxectivos ata o 2027 vai ser a inclusión e así axudaremos a conseguir a inserción laboral de diferentes colectivos”. Preto dunha decena de alumnos asistiron o sábado e o domingo nas instalacións de Apaga en Ribadeo a este curso sobre soldadura tig.