Cervo, 13 de febreiro, 2023. A Asociación Saúde Mental A Mariña recibiu unha subvención para desenvolver o Programa “Velando pola miña saúde integral IV” durante o ano 2023. Este programa está a ser cofinanciado pola Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade, a través da subvención destinada á realización de programas de interese xeral para fins de carácter social dirixidos á promoción da igualdade entre mulleres e homes e de prevención e loita contra a violencia de xénero, con cargo á asignación tributaria do 0,7% do imposto sobre a renda das persoas físicas e do imposto sobre sociedade, xestionado pola Secretaría Xeral da Igualdade para o ano 2022.
Isto permite á entidade dar continuidade a un programa que brinda un apoio que resulta fundamental para as mulleres beneficiarias e que contribúe significativamente na mellora da súa calidade de vida.
O obxectivo polo que se está a traballar a través do Programa “Velando pola miña saúde integral IV” é prestar apoio ás usuarias da Unidade Residencial e da Vivenda Tutelada para Mulleres Vítimas de Violencia de Xénero con Enfermidade Mental na atención integral da súa saúde. Trátase de facilitar a comprensión e asistencia e/ou seguimento das citas médicas e o cumprimento das indicacións dadas, así como de manter a estabilidade clínica favorecendo o seguimento das pautas farmacolóxicas e indicacións médicas, co fin de cumprir coas mesmas e contar co tratamento médico individualizado adaptado ás necesidades de cada usuaria.
Entre as as actuacións que se están a desenvolver atópanse os acompañamentos en citas médicas e talleres de educación para a saúde, entre outras.