Viveiro, 6 de febreiro, 2023. Este domingo celebrouse nas pistas cubertas de Ourense, o Campionato Galego de Veteráns, onde tomaron parte atletas de distintos clubs galegos. O C.D.Egovarros-Viveiro desprazou a 5 atletas veteráns que tiveron unha moi destacada presenza no campionato, facéndose con 6 medallas, 5 de ouro e 1 de bronce.
No apartado femenino, Begoña de Arriba na categoría de W65, proclamouse campioa galega nos 60 metros lisos e nos 3000 metros lisos, rebaixando o record galego da proba en máis de 17 segundos, que estaba tamén posesión da mesma atleta. A súa compañeira Mari Luz San Martín en W70 fíxose co campeonato galego na proba dos 400 metros, rebaixando tamén o record galego en máis de 9 segundos e acadando a mínima para o campeonato de España, a celebrar en Antequera (Málaga).
O seu compañeiro Domingo Álvarez en M70 proclamouse campeón galego nas probas de 400 m e 800 metros, acadando tamén a mínima para o campeonato de España. Marcelo Vásquez en M50 acadou a medalla de bronce na proba dos 1500 metros e Andrés Piñón en M50 acadou o sexto posto na proba dos 1500 metros.