NOTA DE PRENSA
28 veciños deste Concello foron victimas da dictadura franquista.
O BNG homenaxea o Sábado na Praia da Abrela aos represaliados no Vicedo.
O Bloque Nacionalista Galego organiza o vindeiro Sábado 28 de Agosto ás 20:00 h na Praia da Abrela unha homenaxe aos represaliados de Vicedo pola súa defensa da legalidade republicana e dos ideais democráticos.
Os nacionalistas pretenden con este acto no que farán uso da palabra Susana Riveira (Portavoz Local do BNG) e Antonio Veiga (Responsábel–Comarcal do BNG) celebrar na comarca unha actividade xa tradicional no calendario político do BNG como é o Día da Galiza Mártir. No acto colocarase unha placa en lembranza dos represaliados de Vicedo, sob o lema de “ Na memoria dos demócratas e dos republicanos do Vicedo”.
O Día de Galiza Mártir que este ano celebramos en Vicedo pretende ser un acto de desagravio para todos aqueles que loitaron pola democracia pero tamén un exercicio contra a desmemoria desde a consideración que non pode haber reconciliación desde o esquecemento . A convocatoria deste ano, como en anteriores ocasións soborda o ámbito local, e xa que logo ven ser unha homenaxe ao conxunto dos mariñáns que loitaron por unha sociedade máis xusta.
O BNG no seu acto do Sábado vai homenaxear ao conxunto dos represaliados do Vicedo así como aqueles militantes da Guerrilla Anti-Franquista da zona de Ferrol e da Mariña que abandonaron Galiza rumo ao exilio francés no barco “Santa Teresa” en decembro de 1946 cunha expedición que partiu da propia Praia da Abrela e que rematou en Baiona.
Os guerrilleiros que abandonaron Galiza desde a praia de Abrela foron Antonio Paleo Saavedra (San Cibrao-Cervo), Eusebio González Pedreira(Viveiro), Ramón Chaves(Viveiro), Vicente Lage “O Chicharro”(Viveiro), José Antonio Franco “O Manchego” ou “O Caudillo”(Viveiro), Domingo Villar Torres(Viveiro), Ramón Vizoso(Viveiro), e os cataláns Evaristo Candelas “O Evaristo” e Antonio Molíns “O Noi. A este grupo que operaba na área da Mariña Occidental sumóuselle na fuxida o denominado “grupo de Ferrol” do que facían parte Evaristo Eive Vilar, Amador Barcia Fernández “Xicos”, Antonio Vilar, Eugenio Vilar Pereira, Manuel Piñeiro, Manuel Vilar Pazos e Manuel Rodríguez Pérez “Galán”.
Tamén van estar presente nesta homenaxe aos máis de 28 veciños e naturais de Vicedo do que temos constancia que sufriron pola súa ideoloxía e por defender os valores da democracia fronte ao fascismo. Neste sentido hai que destacar que aparecen como vítimas da previsión veciños de case a totalidade das parroquias do Vicedo e mesmo algúns naturais deste Concello como Luís Trigo “O Gardarríos”, que residía en Mondoñedo.
A recuperación de toda a experiencia democrática do período republicano, non é para os nacionalistas galegos unha concesión á moda do momento que se que quede en anos máis ou menos rimbombantes, nin moito menos un exercicio de oportunismo político, o BNG considera fundamenta pór en valor este período como contribución a unha sociedade sa democraticamente, como apartación ao résgate da memoria histórica e como panca que permita construír unha Galiza máis libre e socialmente máis xusta.
Xa por último o Bloque Nacionalista Galego quere convocar a todos os veciños da Mariña e de Ourol a participar deste acto de homenaxe.
Anexase noutro arquivo relación de todos os veciños do Vicedo represaliados polo franquismo.
Asemade remítese copia da foto dos guerrilleiros escapados no Santa Teresa antes de tomar destino a Francia.
Antonio Piñón García
Home de 27 anos, Mineiro
Natural de O Vicedo (Lugo)
Veciñanza: Antonio Piñón García
, O Vicedo (Lugo)
Previamente fuxido. Xulgado por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos.
Antonio Fernández Iglesias
Home de 22 anos, Mariñeiro
Natural de O Vicedo (Lugo)
Veciñanza: Val-Riobarba-O Vicedo, O Vicedo (Lugo)
Causa aberta en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) declarado fuxido e en rebeldía
Arsenio Doval
Home de 24 anos, Labrego/a
Natural de O Vicedo (Lugo)
Veciñanza: Riobarba, O Vicedo (Lugo)
Xulgado por auxilio á rebelión co resultado de sobresemento provisional e multa de 200 ptas. a pagar en 24 horas.
Constantino Piñón Rolle
Home de 23 anos, Xornaleiro
Natural de O Vicedo (Lugo)
Veciñanza: Suegos-Riobarba-O Vicedo, O Vicedo (Lugo)
Xulgado en Ferrol por deserción (causa instruída contra os que non se presentaron a filas do distrito de Viveiro) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Preséntase en maio 1939, prisión 4 anos. Aplicado o indulto de outubro do 39, libre
Daniel Fanego Lorenzo
Home de 23 anos, Mineiro
Natural de O Vicedo (Lugo)
Veciñanza: San Román-O Vicedo, O Vicedo (Lugo)
Tamén de profesión mariñeiro
Xulgado en Viveiro por deserción (estivera fuxido) co resultado de sentencia prisión 4 anos e denegación do indulto en 1940
Dorindo Leiras Fernández
Home de 23 anos, Labrego/a
Natural de O Vicedo (Lugo)
Veciñanza: San Román do Val-Riobarba-O Vicedo, O Vicedo (Lugo)
Xulgado en Ferrol por deserción (causa instruída contra os que non se presentaron a filas do distrito de Viveiro) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Detido o 08/07/37 e sobresemento provisional
Dositeo Fernández Vales
Home de 25 anos, Mariñeiro
Natural de O Vicedo (Lugo)
Veciñanza: O Vicedo, O Vicedo (Lugo)
Xulgado por deserción (instruída contra varios por rebelión militar e ataque a man armada) co resultado de sentencia prisión 4 anos. Aplicado o indulto de outubro do 1939 queda en liberdade
Francisco Martínez Oca
Home de 25 anos, Ferreiro/a
Natural de O Vicedo (Lugo)
Veciñanza: Viveiro
Xulgado por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 15 anos.
Francisco Dovale Martínez
Home de 21 anos, Mariñeiro
Natural de O Vicedo (Lugo)
Veciñanza: Riobarba-O Vicedo, O Vicedo (Lugo)
Xulgado por deserción (iinstruída contra varios por rebelión militar e ataque a man armada) co resultado de sentencia prisión 1 ano. Indultado en outubro do 1939 e queda en liberdade
José Fanego Cao
Home de 24 anos, Chofer
Natural de O Vicedo (Lugo)
Veciñanza: Riobarba, O Vicedo (Lugo)
Xulgado por traizón co resultado de sobresemento provisional e multa de 250 ptas. a pagar en 24 horas.
José Fernández Rolle
Home de 23 anos, Xornaleiro
Natural de O Vicedo (Lugo)
Veciñanza: Suegos-Riobarba-O Vicedo, O Vicedo (Lugo)
Traballara nas minas en Viveiro
Xulgado en Ferrol por deserción (causa instruída contra os que non se presentaron a filas do distrito de Viveiro) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía
José Parapar García
Home de 23 anos, Militar
Natural de O Vicedo (Lugo)
Veciñanza: O Vicedo, O Vicedo (Lugo)
Mariño do “Jaime I”
Causa aberta en Ferrol por rebelión (contra mariñeiros e fogoneiros do acoirazado “Jaime I”) co resultado sobresemento provisional. Tamén causa aberta por deserción
José Antonio Vilar Baltar
Home de 23 anos, Xornaleiro
Natural de O Vicedo (Lugo)
Veciñanza: Mosende-Riobarba-O Vicedo, O Vicedo (Lugo)
Xulgado en Ferrol por deserción (causa instruída contra os que non se presentaron a filas do distrito de Viveiro) co resultado de ser declarado fuxido e en rebeldía. Detido en xuño do 1939. Sobresemento provisional e en liberdade provisional
José Antonio Villar Baltar
Home de 25 anos, Labrego/a
Natural de O Vicedo (Lugo)
Veciñanza: Mosende-Riobarba-O Vicedo, O Vicedo (Lugo)
Xulgado por deserción e rebelión (instruída contra varios por rebelión militar e ataque a man armada) co resultado de sentencia prisión 16 anos. Liberdade condicional en novembro do 1941 e licenciamento definitivo en 1953
Laureano Timiraos Rey
Home de 25 anos, Labrego/a
Natural de O Vicedo (Lugo)
Veciñanza: Mosende-Riobarba-O Vicedo, O Vicedo (Lugo)
Xulgado por deserción e rebelión (instruída contra varios por rebelión militar e ataque a man armada) co resultado de sentencia prisión 16 anos. Liberdade condicional en novembro do 1941 e licenciamento definitivo en 1953
Luciano Pérez Riveira
Home de 40 anos, Comerciante
Natural de O Vicedo (Lugo)
Veciñanza: Riobarba, O Vicedo (Lugo)
Alcalde do Vicedo
Xulgado por auxilio á rebelión co resultado de sentenza a prisión 12 anos. Nunha causa anterior fora declarado en rebeldía e fóranlle incautados os bens.
Luis Trigo Chao “Gardarríos”
Home de 51 anos, Empregado/a
Natural de O Vicedo (Lugo)
Veciñanza: Cabana-Riobarba, O Vicedo (Lugo)
PSOE, Garda-ríos da Sociedade Venatoria Provincial en Mondoñedo.
Xulgado por rebelión co resultado de declaración en rebeldía. Lider guerrilleiro. Morte en Lourenzá en enfrontamento coas forzas franquistas nos anos corenta.
Manuel Cora Rolle
Home de 23 anos, Xornaleiro
Natural de O Vicedo (Lugo)
Veciñanza: Mosende-Riobarba-O Vicedo, O Vicedo (Lugo)
Xulgado en Ferrol por rebelión militar co resultado de sentenza a 16 anos de prisión. Previamente fuxido e en rebeldía.
Manuel Fanego Fernández
Home de 23 anos, Mariñeiro
Natural de O Vicedo (Lugo)
Veciñanza: Suegos-O Vicedo, O Vicedo (Lugo)
Xulgado en Viveiro por deserción co resultado de sentencia prisión 6 anos. Indultado no 1939 e integrado no servizo de mariñeiría de segunda
Manuel Martínez Timiraos
Home de 25 anos, Xornaleiro
Natural de O Vicedo (Lugo)
Veciñanza: San Román do Val-Riobarba-O Vicedo, O Vicedo (Lugo)
Fuxido dous anos dende xuño do 1937 a maio do 1939. Xulgado en Ferrol por deserción (non se ter presentado a filas) co resultado de sentencia prisión 6 anos
Manuel Piñón Valella
Home de 27 anos, Mariñeiro
Natural de O Vicedo (Lugo)
Veciñanza: Riobarba-O Vicedo, O Vicedo (Lugo)
Fixo a guerra na zona republicana. Clasificado dubidoso, enviado a un batallón de traballadores.
Maximino Lage Rolles
Home de 23 anos, Labrego/a
Natural de O Vicedo (Lugo)
Veciñanza: Mosende-O Vicedo, O Vicedo (Lugo)
Xulgado por deserción e rebelión (instruída contra varios por rebelión militar e ataque a man armada) co resultado de sentencia prisión 16 anos. Liberdade condicional en novembro do 1941 e licenciamento definitivo en 1953
Modesto Riveira Dovale
Home de 25 anos, Mariñeiro
Natural de O Vicedo (Lugo)
Veciñanza: San Román, O Vicedo (Lugo)
Fuxido. Preséntase en 1940. Xulgado en Ferrol por deserción co restulado de sentenza a 6 anos de prisión e multado con 250 pesetas.
Modesto Bellas Giz
Home de 28 anos, Labrego/a
Natural de O Vicedo (Lugo)
Veciñanza: Mañón, Mañón
Xulgado en Ferrol por rebelión co resultado de sentenza a 15 anos de prisión.
Orencio Martínez Fanego
Home de 20 anos, Labrego/a
Natural de O Vicedo (Lugo)
Veciñanza: Riobarba, O Vicedo (Lugo)
Xulgado por traizón co resultado de sobresemento provisional e multa de 250 ptas. a pagar en 24 horas.
Ramón Martínez Fanego
Home de 25 anos, Labrego/a
Natural de O Vicedo (Lugo)
Veciñanza: Mosende-Riobarba-O Vicedo, O Vicedo (Lugo)
Xulgado por deserción e rebelión (instruída contra varios por rebelión militar e ataque a man armada) co resultado de sentencia prisión 16 anos. Liberdade condicional en novembro do 1941 e licenciamento definitivo en 1953
Remedios Fernández López
Muller de 40 anos, Traballo na casa
Natural de O Vicedo (Lugo)
Veciñanza: A Coruña, A Coruña
Xulgada na Coruña por rebelión co resultado de sobresemento e posta a disposición da autoridade gobernativa.
Servando Rolle Escourido
Home de 21 anos, Mariñeiro
Natural de O Vicedo (Lugo)
Veciñanza: Suegos-Riobarba-O Vicedo, O Vicedo (Lugo)
Xulgado por deserción (instruída contra varios por rebelión militar e ataque a man armada) co resultado de sentencia prisión 4 anos. Indulto en outubro do 1939