Foz, 21 de xaneiro, 2023. O BNG de Foz ten clara a prioridade na situación da residencia de Foz: a garantía para as persoas usuarias, traballadoras e os intereses económicos do resto das veciñas e veciños de Foz. A xestión deste servizo quíxose sempre que fose público por que é así por competencia estatutaria. Mais lamentablemente, no modelo PP de xestión neoliberal, a Consellería de Benestar esixe non so que a xestión se extrenalice nunha licitación privada, se non que o Consorcio de Benestar xestiona os centros como unha inmobiliaria, chegando a pedir que ao remate dos convenios se lles entregue sen usuarios nin traballadores. A realización dun novo convenio permitirá agora a cesión ao Concello que evitará este atropello laboral e social. Mais na transición, asistimos a un desencontro coa actual concesionaria que debería resolverse.
O pleno do Concello en 2021, co acordo unánime de todolos grupos, solicita ao Consorcio que retome a xestión directa do centro. Iste é o cerne do conflicto na sua negativa a aceptalo, e está actualmente en vias de solución co novo convenio, por tanto chegouse a un acordo. Mais tras da aprobación no pleno en decembro de 2022, sen votos en contra, do punto que resolvía Notificar ao contratista a aprobación da prórroga, con indicación dos recursos, a empresa disconforme, non acepta o acordo. Os servizos técnicos da empresa e o Concello chegan a conclusións opostas e a inquietude medra nos actores implicados, usuarios e familias, traballadores e veciñas. O BNG de Foz solicitou á empresa que reconsiderada as suas posturas inamovibles. Existían esforzos previos do Concello para normalizar algunhas disfuncións na prestación dos servizos e mesmo nos dereitos laborais dos traballadores que fixo preciso o seu recurso ao Fondo de garantía salarial para recuperar cantidades que lles adebeda, mais non foi atendida a súa solicitude.
Vista a situación actual, a complexidade xurídica, e no mellor interese de tódolos implicados, dende a Asamblea do BNG de Foz consideramos que unha vía de solución pode ser a mediación. A mediadora sería unha institución pública competente en materia xurídica e/ou de servizos sociais, que permita as partes aproximar posturas para evitar incertidumbre e dar tamén así resposta a inquietude amosada po la plantilla e as familias usuarias.
Reiteramos o noso agradecemento as persoas traballadoras po la demostrada profesionalidade e as familias po la súa comprensión diante da situación. O BNG de Foz considera que ben merece probarse este intento, para aclarar e resolver satisfactoriamente a situación a todalas partes implicadas no funcionamento dun servizo tan sensible.