Intaláronse uns recollepelotas feitos con material reciclado a fin de “darlle unha segunda vida a estas bolas desbotadas polas persoas usuarias das instalacións”
Cervo, xaneiro de 2023.- O Concello de Cervo, a través da delegación de Medio Ambiente, instalou recipientes “reciclapelotas” nas pistas de pádel da Veiga, como complemento ás múltiples iniciativas que se levan adiante nesta materia co fin de dar cabida á reciclaxe nos múltiples ámbitos do día a día.
Estes elementos están fabricados con excedentes dos contedores destinados á recollida de residuos mariños e teñen unha capacidade de aproximadamente 300 pelotas, que son recollidas e reutilizadas para diversas actividades educativas, ou poden servir como elemento decorativo para os adornos municipais, como os propios bonecos de neve que se instalaron nas diferentes parroquias durante o Nadal, entre outros usos.
Con esta iniciativa, explican desde o Concello, “garántese unha segunda vida a estas pelotas, desbotadas polas persoas usuarias, reducindo así o impacto ambiental dun produto que, doutro xeito, remataría nun vertedoiro.