O obxectivo deste encontro, que forma parte da campaña do Instituto Galego de Consumo e da Competencia, é achegar á poboación de Viveiro información e asesoramento en materia bancaria e financeira. A Xornada levarase a cabo na sala Multiusos do Concello de Viveiro e é de acceso gratuíto, aberto a toda a veciñanza.