A gañadora da cesta, valorada en 300 euros, foi a persoa que tiña as dúas últimas cifras do primeiro premio da Lotaría de Nadal, que este ano recaeu no número 05.490. A afortunada foi Edelmira Díaz Casariego (Telvina), veciña do Burgo de Trasbar.

Foi unha noite moi fermosa e divertida no Restaurante A Chave das Noces, onde non faltou unha caricatura feita por Adri Pardo, e unhas xoias para que luza agora nesta nova etapa.
O presunto autor pretendía saír de maneira ilícita do interior dunha fábrica sita en San Cibrao-Cervo, con cinco bloques de aluminio ocultos no interior do seu vehículo. Os feitos foron detectados pola seguridade privada do complexo industrial ao redor das 06.30 horas do pasado día 8, cando o detido pretendía saír das instalacións, alertando os vixiantes á Garda civil, a cal procedeu á detención do infractor. A persoa detida foi posta ao dispor do Xulgado de Instrución un de Viveiro.
Acompañado de persoal doutras categorías xuntouse en defensa dos pacientes
Chámase Galán e xa se integrou na Asociación de Comerciantes, Industriais, Servizos e Autónomos (ACISA). Está especializada exclusivamente en moda masculina cunha coidada selección de confección, punto, roupa interior e complementos e firmas como Pertegaz, Gaea, Berto ou Birdigan.
Está organizado pola Asociación Cultural Saíñas. Será ás 18 horas no Salón de Actos do Centro Cívico. Na presentación estivo Pepe Casariego, secretario da Asociación, acompañado polo alcalde de Xove Demetrio Salgueiro e a concelleira de cultura Dolores Meitín.
Durante estos dous días amosaron a súa oferta educativa e serviron café aos asistentes.
Trátase da escultura dun cabaliño de mar realizada polo artista de Cedeira Manuel Armada Santalla, coñecido polas súas creacións a partir de materiais reciclados.
2021 Crónica 3 A Mariña - Implementado por GaliciaDigital