Nota de Prensa
NOTA DE PRENSA
As mocidades do PP celebran o seu conclave provincial despois de que en xullo tivera lugar o congreso rexional
NOVAS XERACIÓNS NA PROVINCIA DE LUGO CELEBRARÁ O SEU CONGRESO O SÁBADO 18 DE SETEMBRO
* O obxecto principal do congreso será elixir unha nova dirección provincial.
Ribadeo, 20 de agosto de 2010.- A xunta xestora de Novas Xeracións na provincia de Lugo acordou convocar para o sábado 18 de setembro en horario de mañá o Congreso Provincial que debe elixir a nova dirección da agrupación xuvenil do Partido Popular.
O conclave terá lugar tras a celebración do congreso rexional que tivo lugar o pasado mes de xullo e no que resultou elixido un novo presidente autonómico, o pontevedrés Javier Dorado Soto.
A xestora provincial acordou nomear ademais aos membros do Comité Organizador que encabeza o lucense Carlos Díaz Bande. A partir deste momento se abre un prazo congresual cuxas principais citas son:
CALENDARIO DO CONGRESO PROVINCIAL DE NNXX DE LUGO
• 18 Agosto. Aprobación pola Xunta Directiva Provincial da
convocatoria do Congreso.
• 19 Agosto. Envío da información ós afiliados.
• 24 Agosto. Follas a diposición dos afiliados que queiran presentar a súa candidatura ó congreso.
• 30 Agosto. Finaliza o prazo para a recollida de apoios.(40 firmas)
• 31 Agosto. Formalización das candidaturas á presidencia de
NNXX de Lugo.
• 6 Setembro. Celebración das asambleas nas Xuntas locais onde non exista acordo, convocada a tal efecto por cada presidente local, para elixir os compromisarios.
• 7 Setembro. 10.30 h. Hora límite para comunicar ó Comité Organizador do Congreso as actas cós resultados das asambleas locais e a relación de compromisarios electos.
• 9 Setembro. Finaliza o prazo de presentación de avais ás 18.00 na sede provincial.(20% dos compromisarios,60 electos + natos)
• 18 Setembro. Celebración do Congreso Provincial de NNXX.