A partir deste próximo venres a Sala 1 do complexo cinematográfico contará cun novo sistema de proxección láser único na provincia de Lugo que mellora a experiencia visual cun 60% máis de luz e unha mellora do contraste de maneira eficiente xa que o consumo enerxético redúcese á metade. Este novo proxector puido instalarse grazas á subvención por parte de Agadic.