Viveiro, 9 de decembro, 2022. En setembro de 2019, aprobabase a través dunha moción do BNG a Elaboración dunha Ordenanza de Protección Contra a Contaminación Acústica en Viveiro, na que se limiten as actividades xeradoras de ruído nocturno e se declaren as rúas máis conflitivas do casco histórico “zona acústicamente saturada” e intervir para mellorar a calidade acústica medioambiental nas mesmas.
A concelleira do BNG, Míriam Bermúdez, denuncia a falta de seriedade para o cargo que ocupa María Loureiro e denuncia que:
Case 4 anos despois e tras múltiples peticións por parte do BNG e da Asociación de Veciños do Casco Histórico, a ordenanza está sen aprobar e fai máis de un ano que non se convoca comisión para acordar o texto.
Viveiro acapara portadas de xornais e informativos mostrando a decadencia urbanística do casco histórico e a situación insufrible que padece a pouca veciñanza que queda nel, a cal atura decibelios excesivos que non deixan descansar e situacións de inseguridade nas súas propias casas.
Mentres tanto a alcadía, non responde aos escritos presentados pola Asociación de veciñas e veciños do Casco histórico, e no pleno respóndese, e cito literalmente: “contestarase no seu momento o que corresponda”.
Unha vez máis, agardamos que chegara ese momento e que cumpla co cargo que exerce a alcaldía respondendo á veciñanza e actuando en consecuencia. Por todo o anteriormente exposto, solicitamos:
. Tendo en conta que o Decreto 106/2015, do 9 de xullo, sobre contaminación acústia de Galiza establece un prazo máximo dun ano para a realización de dita ordenanza, e que xa van dous fóra de prazo: se convoque con carácter de urxencia unha comisión na que retomar o texto da Ordenanza Municipal sobre a contaminación acústica comprometéndose a traela a pleno para a súa aprobación no menor prazo que permitan os trámites.
. Se informe das accións que ten previstas o equipo de goberno para paliar a situación decadente do casco histórico.