Viveiro, 9 de decembro de 2022. O Concello de Viveiro puxo en marcha dende este venres, 9 de decembro, ata o día 23 a campaña de recollida solidaria de xoguetes, material escolar e libros infantís e xuvenís.
“A vila retoma neste Nadal unha tradición que busca axudar ás familias con menos recursos, co obxectivo de facer destas datas un momento de felicidade para os veciños e veciñas apelando á solidariedade e á xenerosidade de todos”, afirma a alcaldesa, María Loureiro.
Os xoguetes, material escolar e libros doados deberán ser novos, entregaranse no seu envoltorio orixinal e sen empaquetar.
O punto de recollida será a Oficina Municipal de Información Xuvenil (OMIX) situada no Concello de Viveiro en horario de 9:00 a 15:00 horas e o reparto será xestionado dende a Concellería de Servizos Sociais.