Os populares consideran que o alcalde debería ter en conta a opinión dos propietarios antes de realizar a expropiación forzosa sobre tres solares de Burela, medida aprobada polos socialistas no pleno do pasado xoves
Burela, 22, novembro de 2022. O xoves 1 de decembro celebrouse o pleno do concello de Burela no que se trataron temas de diversa índole. Ante as medidas tomadas polo goberno local, o PP de Burela denuncia irregularidades nas medidas tomadas polo goberno local. “Non houbo nada novo. O que fixo o goberno local socialista foi a seguir desgobernando Burela e gobernando ás costas da veciñanza” explica o voceiro dos populares, Manuel Rouco.
Neste sentido, Rouco explica que se aprobaron tres expedientes de expropiación forzosa en diferentes parcelas de Burela, “sen falar con todos os propietarios, algo que reivindicamos reiteradamente desde o grupo municipal popular e, coma sempre, sen que o goberno socialista o tomara en conta”.
VIVENDAS TUTELADAS
En plenos anteriores, a congregación Hijas del Divino Celo de carácter rogacionista solicitou, a través do grupo municipal popular, unha subvención ao concello para rematar o proxecto altruísta de vivendas tuteladas de emerxencia que están a facer na zona dos Castros. A concelleira de servizos sociais, Carmela López, presentou unha enmenda “totalmente irrealizable” na que se lle pide á Xunta de Galicia a adxudicación desta subvención.
Neste sentido, Rouco explica que “o que lle están pedindo á Xunta é unha ilegalidade, pois as subvencións nesta materia fanse por medio da Axencia de Desenvolvemento do Rural e son por concorrencia competitiva, non nominativa”. Na concesión por concorrencia competitiva concédense as subvencións en base a un procedemento no que se comparan as solicitudes presentadas en base aos criterios de valoración previamente fixados nas bases reguladores e na convocatoria da subvención.
Grazas á capacidade de diálogo do Grupo Municipal Popular chegouse a un acordo de mínimos para que, a Congregación de Hijas del Divino Celo, non quedara abandonada da man do goberno local ao intentar substituír a proposta que levou ao pleno, o Grupo Popular.
EVASIÓN DO BNG
Desde o grupo municipal popular apuntan ao BNG por desmarcarse das accións do goberno local. “Chámanos a atención e non entendemos que traten de desmarcarse en notas de prensa coma se non foran cómplices da situación na que está sumida Burela nestes momentos, pois sen eles non poderían levar a cabo as súas medidas. Estiveron sustentando a este goberno ao longo de todo este mandato”, di o voceiro popular.