Cariño, 20 de novembro, 2022. Os Bombeiros do Eume conseguiron baixar esta tarde á persoa implicada, que resultou ilesa.
O 112 Galicia recibira na mañá de hoxe, sobre as 12:15 horas, o aviso dun particular que se atopaba no cabo Ortegal (Cariño), e que informaba dun home que non conseguía descender do acantilado polo que escalara. Aínda que non estaba nunha zona orientada directamente ao mar, corría perigo ao atoparse a unha gran altura. Requiriuse entón a acción dos Bombeiros do Eume, que pouco despois das 15 horas daban por rematado o operativo. A persoa, pola súa banda, non precisou asistencia sanitaria e, tras ser posto a salvo, puido abandonar o lugar polos seus propios medios.
Tamén participaron axentes da Garda Civil, e se informou, aínda que non chegarían a intervir, a Urxencias Sanitarias de Galicia-061, ao GES de Ortigueira e a Salvamento Marítimo.