Tres, a longametraxe gañadora dos Premios Mestre Mateo 2022, protagoniza o mes de novembro do Ciclo Mestre Mateo
Foz, 18 de novembro, 2022. Este sábado, 19 de novembro, proxectamos a longametraxe gañadora nos Premios Mestre Mateo 2022, Tres.
A Delegación de Xuventude de Foz, coa colaboración da Academia Galega do Audiovisual e a Área de Cultura da Deputación de Lugo, continúa co Ciclo Mestre Mateo.
C. (39) é deseñadora de son. Goza co seu traballo. Pasa moitas horas soa, gravando efectos salga, wild-tracks, editando, mesturando. O estudo é o seu último refuxio: un lugar onde postergar as avariadas relacións que mantén coa súa exparella, coa súa anciá nai e cos seus compañeiros de traballo.
Aínda que ela aínda non o sabe, C. esta comezando a desincronizarse. Coma se fose unha película mal sonorizada, o seu cerebro comezou a procesar o son máis tarde que as imaxes. A medida que o delay aumenta, C. vese obrigada a deixar o traballo, a afrontar en desincronía a morte da súa nai e, finalmente, a reformularse a súa vida ao completo.
Co tempo, descubrirá que a súa discapacidade non é só un estigma. Permitiralle gañarse a vida dunha maneira sorprendente, e, sobre todo, abriralle a porta ao mundo dos xordos. Alí coñecerá a Max (45) o seu profesor de linguaxe de signos, co que xurdirá unha intensa relación impensable antes da irrupción do delay.
Un día, tal como foise, a sincronía volve ao cerebro de C.
De súpeto está curada, pero xa non é a mesma. A súa odisea sensorial fíxoa madurar. Agora dispón dunha segunda oportunidade. Está nas súas mans non deixala escapar.
A concelleira de Xuventude, Gema Méndez Leivas, anima a aproveitar da oportunidade de gozar da recoñecida como mellor longametraxe, a mellor actriz protagonista e o mellor son dos Mestre Mateo 2022.
Este sábado 19 de novembro, ás 18:30h na Casa da Cultura, o mellor cine galego.