A Consellería do Mar e a Fundación Expomar sentaron esta semana as bases da súa colaboración de cara á XIX Feira Expomar, que celebraré en Burela do 10 ao 13 de maio de 2023
Burela, 9 de novembro, 2022. Esta semana reuníronse en Santiago de Compostela o presidente da Fundación Expomar, Alfredo Llano, e máis o xerente, José Manuel González ‘Brais’, coa conselleira do Mar da Xunta de Galicia, Rosa Quintana, e o director xeral de Pesca, Acuicultura e Innovación Tecnolóxica, Antonio Basanta.
Nesta cita tratouse, como é habitual cada ano previo á feira, cal será a colaboración da Xunta de Galicia de cara á próxima edición da feira náutico pesqueira de Burela. Os titulares da consellería do Mar renovaron a súa total aposta polo evento, no que seguirán mantendo o espazo principal do recinto cun stand de 110 metros cadrados.
Asimesmo a Xunta axudará na promoción e publicidade da feira 2023, da que se farán diferentes presentacións en Galicia nas semanas previas á cita. A consellería tamén se comprometeu a colaborar coa degustación de productos pesqueiros nun acto especial de presentación que terá lugar en Madrid no mes de xaneiro.
Os representantes da Fundación Expomar saliron da xuntanza plenamente satisfeitos de cara a unha nova edición da feira, a primeira despois da pandemia e que por primeira vez terá lugar de mércores a sábado. Debido á alta demanda de expositores, a superficie de exposición da feira ampliarase en más de 1.200 metros cadrados con respecto á última edición, superando os 5.000 metros entre o interior da nave de redes e unha carpa anexa no Porto de Burela.
De forma paralela á feira seguireanse desenvolvendo actividades paralelas como as Xornadas Técnicas ou o Encontro Empresarial, que ofrecen un valor engadido de interese para os profesionais e todas aquelas persoas vinculadas ao mundo do mar e a pesca.
Tamén se está valorando coa Xunta de Galicia a posibilidade de celebrar, como xa sucederá en 2019, algún acto institucional do sector nas datas en torno á celebración da feira.
Nos vindeiros días a Fundación Expomar seguirá mantendo reunións con outros organismos do mundo da pesca para promocionar e reforzar os seus vínculo coa feira Expomar, como coa Autoridade Portuaria de Ferrol-San Cibrao e outras entidades vinculadas ao mar.