A obra da académica e feminista Rosa Cobo repasa as orixes da pornografía co propósito de espertar conciencias e alertar sobre os efectos do consumo. Neste libro tamén se trata a súa efectividade á hora de construír un discurso e un imaxinario de violencia misóxino, ademais de advertir sobre a relación directa existente entre a pornografía e a prostitución. Á presentación de ‘Pornografía. El Placer del Poder’ asistirá o Club de Lectura nunha cita coordinada pola Concellería de Cultura, que contará tamén coa presenza das librarías da vila con exemplares do libro para a súa venda.