Viveiro, 4 de novembro, 2022. O BNG pregunta “que fixo” o Concello coas edificacións que máis molestias están a causar en Covas
1. En maio de 2021, presentamos un rogo relacionado coa situación dos inmobles situados en Suasbarras, na parroquia de Covas, non recibindo actualización algunha dos procedementos até o momento, polo que rogamos a seguinte información:
. A empresa A Piunca foi localizada ou non para notificarlle a orde de execución.
. Que efecto producen as notificacións efectuadas no BOE a respecto desta empresa.
2. Para os inmobles 39 e 41 o prazo rematou o 12/03/21, e non se executaron as actuacións ordenadas, polo que rogamos se informe dos prazos para iniciar os trámites da execución subsidiaria.
3. A respecto do inmoble donde se situaba o antigo Hotel, requerimos a seguinte información:
. Número de multas impostas dende o 2016.
. Importe total das multas.
Por último e tendo en conta a situación de todos estes inmobles referidos, solicitamos se informe dos motivos polos cales o Concello de Viveiro non actúa directamente así como dos trámites que puideran terse desenvolto ao respecto.