Foz, 24 de outubro, 2022. En menos de 8 meses, Quenlla Crossfit trae o 3º seminario á Mariña, esta vez será o vindeiro sábado 26 de novembro cun seminario de gymnastics co mismísimo Manu Carballo. O atleta olímpico e adestrador CF L-II estará en Foz para traballar progresións, variantes do movementos concretos e traballos auxiliares para exercicios ximnásticos.
Desde un principio Quenlla apostou pola Mariña, querendo ser un centro Crossfit oficial de referencia na zona con máis de 150 atletas.
Manu Carballo:
Manuel Carballo comezou a practicar ximnasia aos 6 anos de idade en Madrid, entrando a formar parte da selección española aos 14 anos, onde se mantivo ata a súa retirada profesional en 2013. Durante o seu período en activo viviu na Residencia Joaquín Blume e adestrou no Centro de Alto Rendemento de Madrid. En 2005 adxudicouse por primeira vez o título individual do Campionato de España de Ximnasia Artística Masculina disputado en Vitoria, por diante dos seus compañeiros Isaac Botella e Rafael Martínez. Ese mesmo ano proclamouse campión de Europa de barras paralelas nos Europeos disputados en Debrecen (Hungría). En 2007 formou parte do equipo español que conseguiu a sexta praza nos Mundiais de Stuttgart (Alemaña), obtendo así a praza para os Xogos Olímpicos do seguinte ano. Formou parte do equipo español de ximnasia para os Xogos Olímpicos de Pequín 2008. Participou no concurso completo por equipos, quedando na 11ª posición. Continuou un ciclo olímpico máis preparándose para os Xogos Olímpicos de Londres 2012, chegando ao Preolímpico clasificatorio en xaneiro, onde non puido competir debido a unha lesión de xeonllo, o que o relegou ao posto de suplente ata os JJ.OO. dese mesmo ano. Manuel Carballo acabou a súa etapa deportiva a principios do 2013 despois de máis de 15 anos dedicado á ximnasia. Desde aquí comezou unha nova etapa como adestrador e formador de diferentes prácticas deportivas como o CrossFit, disciplina que imparte na actualidade.