Burela, 21 de outubro de 2022. A Asociación Esperanza está a planificar actividades para levar a cabo con motivo do Día Mundial contra o cancro, que se celebrará dentro de tres meses. O obxectivo da asociación será a sensibilización da cidadanía e a implicación directa da mesma na loita para prever, tratar e erradicar esta enfermidade. Esperanza contempla un abanico de posibles actividades, mais tentará centrarse naquelas que cheguen máis ao conxunto da sociedade.
Recadación das mesas instaladas contra o cancro de mama
Dende o colectivo mostraron a súa satisfacción pola recaudación das mesas instaladas o pasado mércores día 19 na Praza do Concello e no Hosital, que ascendeu a 1.130 euros. Esta cantidade será transferida ao GEICAM, como aportación da cidadanía de Burela á loita contra o cancro. De aí o agradecemento que traslada Esperanza a todas as persoas que colaboraron coa súa aportación económica e a todas aquelas que dun xeito ou de outro apoian á asociación.