Meira, 18 de outubro, 2022. A persoa implicada non respondía aos estímulos dos operarios de mantemento das estradas que se achegaron a auxiliala. Foron eles os que deron o primeiro aviso ao 112 Galicia.
Pasaban as 13 horas da tarde cando no Centro Integrado de Atención ás Emerxencias tiveron constancia do accidente, que se produciu no quilómetro 5 da LU-751, no concello lucense de Meira. Con celeridade, desde o 112 coordinouse a acción de Urxencias Sanitarias de Galicia-061, dos Bombeiros de Vilalba, do GES da Pontenova, da Garda Civil de Tráfico e da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Meira.
Nun primeiro momento, o persoal dos servizos sanitarios apuntaba á necesidade de excarcerar á persoa ferida, aínda que finalmente os servizos de emerxencia puideron retirala quitando un dos asentos do vehículo.
O ferido, único ocupante do turismo, foi trasladado ao centro hospitalario de referencia a bordo dunha ambulancia.