Este acto, inserido no programa da Rede de Bibliotecas da Xunta de Galicia Ler Conta Moito, consistirá nun recital de música, poesía e ciencia. A propia Estibaliz resume así a actividade: “Se cres que as ciencias e as letras son parte dun mesmo saber común, e que a música lévaas de perlas da man, este é un concerto de libro que anoa poesía e astronomía sen saírmos nin da Vía Láctea nin da galaxia Gütenberg nin da música das esferas”.Este evento será de acceso de balde no escenario do Salón de Actos da Casa da Cultura Manuel Lourenzo.