A Mariña, 11 de outubro, 2022. A Plataforma Sanitaria da Mariña cualificou de éxito rotundo a recollida de sinaturas de hoxe nos Concellos de Trabada e Lourenzá. O colectivo desplazou o seu dispositivo móbil a estas localidades para que as veciñas e veciños apoiaran coa súa sinatura a ILP de medidas urxentes para recuperar e fortalecer a Atención Primaria, impulsada por SOS Sanidade Pública.
Desde o colectivo sinalan tamén a gran indignación que se está a vivir no concello de Lourenzá pola ausencia continuada do pediatra que comoarte con Mondoñedo e Barreiros, desde que a anterior facultativa concursara nun traslado. As familias esixen que se repoña ao pediatra compartido para recuperar este servizo.