A primeira recollida será ás 10 horas no Centro de Saúde de Trabada
A Mariña, 9 de outubro de 2022. A Plataforma Sanitaria da Mariña desplazará o seu dispositivo móbil aos concellos de Trabada e Lourenzá o vindeiro martes 11de outubro. O obxectivo desta mesa será a recollida de sinaturas en apoio da ILP de medidas urxentes para recuperar e fortalecer a Atención Primaria.
A primeira etapa desta xornada realizarase diante do Centro de Saúde de Trabada, en horario de 10 a 11horas.
A seguinte etapa desenvolverase na Praza do Concello de Lourenzá ás 12 horas.
Unha vez finalizada a recollida de Trabada o dispositivo móbil desplazarase ao veciño concello de Lourenzá, onde realizará unha nova recollida na Praza do Concello a partir das 12 horas e ata aproximadamente as 13:30 horas.
Esta iniciativa lexislativa popular está promovida por SOS Sanidade Pública, colectivo no que está integrada a Plataforma Sanitaria da Mariña e recolle medidas tan importantes como garantir a presencialidade e calidade na atención, mellorar as condicións e dotar axeitadamente de persoal os centros de saúde, incorporar novas categorías (coma logopedia , podoloxía, clínica…) e incrementar o xa existente ou rematar coas esperas en Atención Primaria, entre outras.
Desde este colectivo sanitario animan ás e veciñas e veciños de Trabada e Lourenzá a que se acheguen ata estes dispositivos para apoiar coa súa sinatura esta inciativa que tenta recuperar e reflotar unha Atención Primaria que “nestes momentos camiña cara á deriva polas política de recortes e desprestixio que o goberno da Xunta leva practicando desde hai trece anos”- conclúe Montse Porteiro, coordinadora da Plataforma.