As catro institucións seguirán recabando apoios en vindeiras semanas
Burela, 7 de outubro de 2022. Xa son máis de 3.500 sinaturas as recollidas polo Concello de Burela, Confraría de Pescadores, ABSA e ACIA en apoio á flota pesqueira galega de artes de fondo contra o veto imposto pola Comisión Europea.
Así o veñen de corroborar nun encontro onde se xuntaron todas as sinaturas recollidas o alcalde de Burela, Alfredo Llano, a edil de Medio Ambiente, Toñi Eijo, o presidente da ACIA, Ignacio Andía e o patrón maior da Confraría de Pescadores, Basilio Otero.
A iniciativa, que continuará nas vindeiras semanas, busca unificar o rexeitamento social á prohibición da pesca de fondo, que podería poñer en risco a viabilidade das empresas mariñanas, un duro golpe á frota da comarca que pon en xaque a un sector económico fundamental da localidade.