Nota de Prensa
UN CAMIÓN CARGADO DE BREA LÍQUIDA VOLCABA ESTA MAÑÁ NA ROTONDA DA CRUZ DO LOBO NA QUE CONFLÚEN AS ESTRADAS NACIONAIS 634 E 642. OPERARIOS DOS CONCELLOS DE BARREIROS E DE CERVO TRABALLAN NA ZONA.
Barreiros, 10 de agosto de 2010. Un camión cargado de brea líquida volcaba esta mañá na rotonda da Cruz do Lobo na que conflúen as estradas nacionais 634 e 642. Operarios dos Concellos de Barreiros e de Cervo traballan na zona.
O alcalde de Barreiros explicou que “na rotonda da Cruz do Lobo, na que conflúen as estradas nacionais 634 e 642, volcaba hoxe a media mañá un camión cargado con brea líquida. O accidente ocorreu entre o carril de acceso hacia Foz e o exterior da rotonda, o vehículo quedou entre as vallas quitamedos e empezou a verter a brea líquida na cuneta chegando incluso á vía de servicio a través da tajea”.
Alfonso Fuente relatou que “pedimos unha retroexcavadora que fixo unha balsa para que se fose acumulando nesa zona esa brea líquida, porque solidifica enseguida. Hai que lembrar que este producto transpórtase a 229º de temperatura dentro da cisterna, tomóuse a decisión de abrirlle ao resto e está indo cara esa balsa para poder despois ser cargada. O que se intentou foi evitar que chegase á carretera e que todos os carrís quedasen cortados. Ante o risco que podía haber de que a cisterna se partise en dous ao tentar poñela dereita e que toda a brea líquida invadise a rotonda foi por eso que se decidiu non mover o camión e proceder ao seu vaciado”.
O rexedor dixo que “están traballando na zona a motobomba do Concello de Barreiros e os bombeiros de Cervo e estamos en contacto continuo coa Axencia Galega de Emerxencias e co responsable de Estradas en Lugo para adoptar todo este tipo de decisións. Tamén hai un responsable da Consellería de Medio Ambiente na zona que está a ver os danos medio ambientais que poida ocasionar o vertido. Todos están traballando provistos de máscaras porque namentras que non solidifica a brea líquida é un producto tóxico, unha vez que cristaliza xa non supón ningún risco para a saúde”.
Fuente Parga asegura que “o vertido está moi controlado, acumulándose na balsa e unha vez cristalizado vemos con non se pega nin na propia herba do suelo. Estamos á espera de que cheguen os responsables da empresa cargadora e transportista. O chófer foi trasladado ao Hospital de Burela”.
A Garda Civil de Tráfico está a regular a circulación na rotonda da Cruz do Lobo e ata o momento non se están a producir retencións.