Viveiro, 6 de outubro de 2022. O Concello de Viveiro e o Conservatorio Profesional de Música de Viveiro reforzan a súa colaboración e a súa aposta pola excelencia na educación, organizando un curso dirixido a profesores de música das especialidades de composición, linguaxe musical, guitarra, piano, gaita, trombón e saxofón.
Con este novo curso preténdese dotar aos profesores participantes dunha visión histórica da evolución harmónica que lles permita mellorar os seus plantexamentos didácticos na aula, e con isto mellorar a calidade da educación. Ademais van a explorar a linguaxe musical característica de cada unha das especialidades participantes.
O curso, que se vai a desenvolver durante os meses de outubro, novembro e decembro, está aberto a profesores de escolas de música e de conservatorios ata un máximo 11 prazas.
Ten unha duración de 120 horas e vai a ser impartido polo director do Conservatorio, Antonio José Álvarez Neira, profesor de grao superior de guitarra clásica. Realizou tamén estudios de harmonía, contrapunto, fuga e composición co prestixioso profesor Rafael Rodríguez Camacho.
A reserva de matrícula pode facerse no email cmus.profesional.viveiro@edu.xunta.gal ou no teléfono 982 560486. O prazo remata o día 10 de outubro.
Ademais deste curso, o concello está a ultimar co conservatorio unha serie de cursos gratuitos para aficionados á música sen coñecementos previos. Con estes cursos, que se van a desenvolver dentro do conservatorio e en diferentes centros sociais do Concello, preténdese achegar a música á toda ciudadanía de Viveiro, independentemente da súa idade e dos seus coñecementos.