Foz, 1 de outubro de 2022. Unha representación do goberno de Foz encabezada polo alcalde, Fran Cajoto, realizou unha ofrenda diante do monolito que recorda cada día o agradecemento dos focegos aos sanitarios, persoal de asistencias, membros das forzas e corpos da seguridade do Estado, Policía Local, Protección Civil e traballadores de supermercados, de industrias, de residencias, de limpeza e tantos outros profesionais cuxa implicación fronte á COVID foi decisiva para superar a pandemia.
O concelleiro de Relacións Institucionais e Axenda2030, Carlos García, recordou o tributo do pobo de Foz aos que marcharon e puxo en valor “a alta lección de madurez e humanidade coa que a sociedade focense respondeu fronte a un fito tan escuro da nosa historia”.