O Concello expresa desta maneira o seu apoio ás persoas que sofren esta enfermidade, reivindicando a súa visibilidade. A campaña está impulsada pola Coordinadora Nacional de Artritis, ConArtritis, e celébrase dende hai 15 anos. A entidade representa a persoas con artritis reumatoide, artritis psoriásica, artritis idiopática xuvenil e espondiloartritis de España.