NOTA DE PRENSA
APÚNTATE XA Á ESCOLA DO BURELA FS FEMININO PESCADOS RUBÉN!
Na súa firme aposta polo deporte en igualdade na Mariña, o Burela FSF Pescados Rubén abre esta semana a campaña da escola feminina para o vindeiro curso, coincidindo coa súa segunda tempada na División de Honra.
A entidade laranxa difundirá o seu novo proxecto dándoo a coñecer por toda A Mariña, coa axuda da capitá laranxa, Claudia Rodríguez, e a alumna da EDM Burela FS, Carla Bolaños, a través de xornais, radio e carteis informativos.
Ambas as dúas protagonistas convidan as rapazas da comarca a compartir os segredos do fútbol sala coas cores laranxas. Así que xa sabes, se tes entre 6 e 18 anos e che gusta o fútbol sala, a escola do Burela FSF Pescados Rubén ten as súas portas abertas para ti. Ven e anímate a gozar deste deporte xunto a xogadoras da máxima categoría!
As persoas interesadas poden obter máis información nas oficinas do CD Burela FS (avenida Arcadio Pardiñas, número 97, entresollado) ou mergullándose en www.burelafs.org. Teléfono de contacto: 982 58 18 15
REUNIÓN. O vindeiro 27 de agosto, ás 19.00 horas, no Salón de Conferencias de Burela terá lugar unha reunión informativa con todos os pais/nais e nenas interesadas. Na devandita xuntanza valorarase a creación das diferentes categorías en función do número de nenas inscritas.