No acto, estivo acompañada polo presidente da Deputación, José Tomé, a Alcaldesa de Lugo, Lara Méndez, e outras autoridades. A subdelegada destacou a importancia deste sector na provincia, “cunha gastronomía única e excepcional á que hoxe recoñecemos polo seu traballo e dedicación”. Rodríguez foi a encargada de entregar o diploma acreditativo e unha figura de cerámica de Gundivós á alcaldesa de Viveiro, María Loureiro, pola Festa da Merluza de Celeiro. O resto de premiados foron a Ruta da Faba de Lourenzá, a Fundación Soto de Fión, a asociación de veciños de Vilachá de Salvadur, a Feira do Butelo da Fonsagrada, a CRDO San Simón da Costa e a Cabana das Chousas.