Alfoz, 26 de setembro, 2022. Actvidade gratuíta con desprazamento incluído en bus desde a Casa do Concello ata a Escola do Chao (O Pereiro) para a parte teórica e Pena Abaladoira para a parte práctica. Organizado pola RRBB Terras do Miño-Deputación de Lugo e Concello de Alfoz. Impartido por José Castro da Sociedade Micolóxica Lucus.
Prazas limitadas, inscricións ata o 4 de outubro no Concello ou no Tfno. 982558001 (ext.3).
PROGRAMA PREVISTO:
Parte teórica (presentación audiovisual. Duración aproximada: 1 h. 30 min.) Xeneralidades dos fungos: natureza., reprodución, nutrición, clasificación, cultivo, identificación de cogomelos, falsas regras de comestibilidade, características de identificación dos cogomelos máis salientables do noso entorno e as súas confusións.
Parte práctica (saída ao campo Duración: 2 h. 30 min.) Interpretación no campo dos conceptos explicados na parte teórica, observación da ecoloxía e as características de identificación dos cogomelos no seu propio hábitat. Explicación e aplicación de técnicas axeitadas e sostibles de recolleita.
OBXECTIVOS DA ACTIVIDADE:
Impartir unha formación seria, completa e de calidade sobre cogomelos, inculcando na cidadanía valores de coñecemento e respecto á natureza e de cumprimento da normativa vixente sobre aproveitamentos micolóxicos. Outro dos obxectivos esenciais desta actividade é a difusión dos valores medioambientais da Reserva da Biosfera Terras do Miño.
OBSERVACIÓNS:
Nesta actividade cumprirase escrupulosamente e explicarase a normativa vixente sobre aproveitamentos de cogomelos, en concreto a disposta no decreto 73/2020 do 24 de abril, sobre aproveitamentos forestais .
DATOS DA ACTIVIDADE:
Relator: Jose Castro
Lugar previsto de celebración: Escola do Chao-O Pereiro-Concello de Alfoz Titularidade do local de impartición: pública
Data prevista de celebración: Sábado 8/10/2022
Duración efectiva da actividade: 4 horas