O sábado 24 haberá sesión vermú a cargo de Louband Street Band, que repetirá á noite na verbena e a continuación estará a disco móbil Conxuro. O domingo 25 ás 13:00 horas será a misa solemne seguida de procesión e de sesión vermú a cargo de Fol do Raxal e disco móbil Conxuro
Cervo, 21 de setembro de 20122. A parroquia de Cervo celebrará a Festa na Honra da Virxe das Dolores a vindeira fin de semana.
O alcalde de Cervo, Alfonso Villares, a edil de Cultura, Dolores García Caramés, e o membro da Comisión de Festas, Juan José Pardo, presentaron o evento este mediodía na Praza do Souto.
A cita comezará o sábado 24 coa sesión vermú a cargo de Louband Street Band, que repetirá na verbena pola noite seguida da disco móbil Conxuro.
Xa o domingo 25 haberá misa solemne ás 13:00 horas e a continuación terá lugar a procesión, seguida da sesión vermú que protagonizará Fol do Raxal. Repitirá a Disco Móbil Conxuro.
O Concello de Cervo convida a toda a veciñanza e visitantes, a que gocen destas dúas xornadas festivas na parroquia de Cervo.