Despois de dous anos con medidas de prevención da Covid19 que nos obrigaron a reinventar algunhas actividades, este novo curso iniciarase sen restricións, e con novos folgos. Ás actividades que tanto éxito teñen ano tras ano como patinaxe artístico, ximnasia rítmica, coreodance, multideporte, tenis, cerámica ou teatro, únense o xadrez e o kickboxing. Eloy iniciará a nenos e nenas no mundo do xadrez e para a disciplina de kicboxing contaremos coa nosa subcampioa de España Vanesa Ares.