Estamos de cheo no verán en Foz. Volvo a ver estampas ben curiosas. Os camións de recollida do lixo aparcados no porto, expelindo os seus cheiros noxentos, e que se suman aos da depuradora, todo iso naquel ámbeto de festas, paseantes, ulidos de mexos… non cabería regar con auga a presión polas mañás aquila área?
Logo vénse cada día máis xente con cans paseando polo paseos, tanto fluvial como marítimo, e moi poucos recollendo os excrementos dos seus
canciños.
Outra estampa ben triste é a de moitos rapaces/zas co botellón na Rapadoira e os arredores. Van chegando cargados de bolsas coas bebidas, que compran, penso que sen moito control de idade, a encherse toda a noite, facéndose dano a eles mesmos, pero tamén aos demais, o deixar restos da sua movida,sobre todo cristales rotos pola praia e por aquila zona.
Lourenzo Pinheiro