Barreiros, 1 de setembro de 2022. Esta mañá tivo lugar no Concello de Barreiros un pequeno acto de despedida ao neno saharauí que pasou o verán en Barreiros baixo o programa “Vacacións en Paz”, organizado pola Asociación Solidariedade Galega co Pobo Saharauí (Sogaps).
Ao acto acudiron os membros do goberno municipal, a traballadora social do Concello de Barreiros e a familia de acollida barreirense que, un ano máis repite experiencia.
O Concello de Barreiros, un ano máis, quere seguir dando mostras de solidariedade e compromiso permanente coa causa do pobo saharauí, colaborando coa asociación SOGAPS e as familias do municipio que deciden acoller a nenas e nenos saharauís dándolles así a oportunidade de vivir o verán nun ambiente máis favorable, afastados das duras condicións que se viven nos campos de refuxiados onde se chegan a alcanzar máis de 50 grados no verán.