Ribadeo, 29 de agosto de 2022. A alcaldesa en funcións, Mónica Freire, lamenta a traxedia ocorrida na tarde de onte na ría de Ribadeo e na que perdía a vida un rapaz.
A rexedora asegura que “a Garda Civil está a investigar o sucedido”. Mónica Freire manifesta que “a altura do mástil da embarcación e a preamar dese momento poderían estar detrás do acontecido, pero hai unha investigación en marcha que será a qué determine o que pasou”.
A alcaldesa en funcións, Mónica Freire, relatou que “recibín unha chamada do 112 na que me informan do accidente dun veleiro no que ían tres persoas e que unha estaba ferida. Ese rapaz que resultou electrocutada foi atendido nun primeiro momento en Castropol e despois derivado ao Hospital de Jarrio, onda na puideron facer por salvarlle a vida”.
Freire Rancaño subliña que “lamentamos moito o sucedido e trasladámoslle o noso pesar á familia e ás amizades do falecido”.