BURELA (FNC) .- Para o alcalde de Burela “non son entendibles as críticas do señor González Barcia que deben ser froito do efecto do calor que estamos a ter estes días. O único que fai é atacar a diario ao equipo de goberno de Burela, ésta é a súa forma de ocultar que ten moi pouco peso na Deputación e na Xunta. Nós non despilfarramos o que tentamos é evitar grandes consumos de enerxía eléctrica e aforrar todos os cartos que sexa posible”.
Alfredo Llano suliñou que “nós estamos perdendo servizos no noso concello, como algúns plans de cooperación, subvencións para o CIM, estamos vendo retrasos importantes nas obras de acceso ao porto de Burela e nas da avenida do Berbés, estamos perdendo servizos no hospital, no ensino, etc, etc. Eso é o importante, pero él o único que está a facer é desprestixiar ao goberno local cando o único que facemos con moita madurez é beneficiar ao conxunto do pobo con actuacións coma ésta da que estamos a falar”.