A Deputada de Economía, Recadación, Facenda e Especial de Contas, Mayra García Bermúdez, participou nesta cita, na que o cociñeiro Nardo Eiroa, do Canedo Brasería, fixo un showcocking no que preparou unha tapa de Faba, tenreira e mel. Ademais, a xornada contou tamén con degustacións culinarias e obradoiros de cociña para os máis pequenos. O toque musical púxoo a Asociación Cultural Amado Lar e Jotinhos.
A Praza de Santa María, no Valadouro, acolleu este sábado o programa da Deputación de Lugo Saborea a túa Provincia
- Anterior
A Concellería de Cultura de Xove organizou este xoves na Praza anexa á Biblioteca Municipal, a segunda actuación dentro do Programa Ler conta moito, patrocinado pola Consellería de Cultura e dirixido ás Bibliotecas Públicas co fin de promocionar a lectura e todo o relacionado co mundo das bibliotecas